Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Nota de prensa AGPXC/AGEM Morosidade das administracións públicas

 

AS ASOCIACIÓNS DO SECTOR CULTURAL GALEGO RECLAMAN O CUMPRIMENTO DOS PRAZOS DE PAGO LEGAIS POR PARTE DAS ADMINISTRACIÓNS.

*A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e AGEM, Asociación Galega de Empresas Musicais, lembran ás diversas administracións a obriga de cumprir os prazos legais de pagos dos servizos contratados.

*O retraso nos pagamentos de diversas administracións está afectando á viabilidade económica dun número importante das empresas e profesionais do sector.  

Mércores, 24 de xaneiro de 2024.- A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), que representan a máis de 160 axentes culturais e a 44 empresas do país, desexa compartir coa cidadanía a problemática, común a outras profesións, derivada do incumprimento por parte de diversas administracións galegas dos períodos fixados por Lei para o pago das facturas e subvencións públicas.

O feito de que un número elevado de contratacións no sector sexan durante o período de xullo, agosto e setembro ten provocado que no momento de pago de impostos do terceiro trimestre e tamén do cuarto trimestre que se está a pagar estes días de xaneiro, as nosas asociacións recibisen queixas dun número significativo de empresas e profesionais que teñen serias dificultades para afrontar os pagamentos debido a facturas sen pagar, incluso de servizos prestados polo entroido, tendo que recurrir a préstamos de entidades bancarias ou persoas do seu entorno para facer fronte a pagos a outras administracións do Estado, requisito imprescindible para non quedarse fóra de futuras contratacións, xa que en todo momento riquírise documentación conforme se está ao día das obrigas coa Seguridade Social, Axencia Tributaria Galega e Axencia Tributaria do Estado.

Resulta vital a concienciación do funcionariado e do persoal político e de asesoría do mesmo de realizar os procedementos correctos ao longo de todo o proceso de contratación pública para evitar demoras que teñen efecto dominó no sector. Se unha empresa non cobra a tempo é moi probable que a parte artística tamén se vexa afectada e así unha longa cadea de profesionais que están conectados.

O feito de que ata decembro de 2023 non se cobrasen subvencións correspondentes ao exercizo 2022, xustificadas meses atrás, é outra anomalía que afecta ao día a día de entidades con e sen ánimo de lucro que en ocasións non teñen outra opción que avalar con fondos propios operacións crediticias para non cesar a súa actividade e pagar aos seu persoal e proveedores.

Cumprir co que marca a lei

Así mesmo, faise cada vez máis necesaria unha formación específica para as contratacións do sector cultural do persoal administrativo e de intervención das administracións públicas. 

Un exemplo disto sería o feito de que alguén presenta unha idea innovadora ou singular que ten rexistrada e a administración receptora pretenda sacar a concurso público esa idea e que calquera que o desexe poda presentarse para executala. Resulta curioso que se incentive a innovación en todos os sectores e semella que no cultural non hai ningún tipo de amparo legal para eses proxectos innovadores por falta desa formación que citamos.

Para concluir, e xa que se fala tanto da Constitución Española, compre lembrar o artigo 44, incluido dentro de Dereitos e Deberes Fundamentais. Isto di o seu punto un: “Os poderes públicos promoverán e tutelarán o acceso á cultura, á que todos teñen dereito. Para que isto sexa efectivo o cumprimento das obrigas económicas en prazo é fundamental nun sector que xenera aproximadamente un 3% do PIB galego e un 3,2% do emprego segundo datos da propia Xunta de Galicia”.*

* Ver nova

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar